Servizo de acompañamento telefónico
O Concello de Bergondo pon á disposición da comunidade un Servizo de acompañamento telefónico dirixido fundamentalmente a persoas maiores que vivan soas ou en parella.
Acompañamento a persoas en situación de vulnerabilidade a probas médicas, xestión de citas, trámites burocráticos.
Visitas e acompañamentos domiciliarios, comprobacións, seguimentos,
Formación e sensibilización comunitaria relacionada con temáticas de ineterese xeral: coeducación, medioambiente, interculturalidade, igualdade,
Creación de espazos de encontro lúdico-educativos.
Apoio nas canpañas de sensibilización e dinamización social que se organizan cos Servizos Sociais Comunitarios.
Organizamos formación para persoas interesadas na acción voluntaria, tanto a nivel xeral en cuestións de voluntariado coma específica nas diferentes actividades que se desenvolven no programa.
Do mesmo xeito, invítase ás persoas voluntarias a que utilicen a plataforma de teleformación que a Xunta de Galicia pon a disposición das persoas voluntarias a través do portal web www.voluntariadogalego.org
Colaboración coas áreas de Educación, Cultura Deportes, Medioambiente etc.
Colaboración co terceiro sector e outras entidades de acción voluntaria.
.
No Concello de Bergondo, o Departamento de Servizos Sociais conta cun proxecto de voluntariado social que comezou a súa andadura no ano 2002. Un dos seus obxectivos é o de potenciar a participación social da veciñanza, a través da creación de espazos para a realización de actividades e intercambio de experiencias, visibilizando e sensibilizando sobre o valor da solidariedade e o altruísmo.
Temos unha superficie de 32,2 km2, distribuídos en 9 parroquias: Babío, Bergondo, Cortiñán, Guísamo, Lubre, Moruxo, Ouces, Rois e Vixoi. Entre todas suman 72 entidades de poboación. A densidade de poboación é de 190,31 ha./km2
En cada unha das reunións do equipo de voluntariado traballamos baixo o principio de autoxestión e creatividade.
23 veciños e veciñas colaboran cun compromiso serio e de calidade cos Servizos Sociais.
Esta laboura realízase baixo os principios éticos do respecto pola autonomía das persoas e da confidencialidade e respecto pola súa intimidade.
767 menores de 15 anos
3.960 entre 16 e 64 anos
1.875 maiores de 65 anos
O Concello de Bergondo pon á disposición da comunidade un Servizo de acompañamento telefónico dirixido fundamentalmente a persoas maiores que vivan soas ou en parella.
Apoio en diferentes acción de carcater socioeducativo que se organicen desde os Servizos Sociais municipais, ou outras áreas: campamentos de verán, actividades lúdicas, festas baile, saídas socioeducativas, eventos socioculturais, campañas de sensibilización etc.
Programa de apoio aos Servizos Sociais. Este programa está destinado a facilitar espazos e actividades de relación e eintegración para o desenvolvemento e a adquisición de hábitos saudables.
Servizo de acompañamento no fogar. Este servizo pretende ser un espazo de comunicación e de relación entre a persoa beneficiaria e a persoa voluntaria tratando de que sexa o mais satisfactorio posíbel para ámbalas dúas partes.