VOLUNTARIADO

Colabora cos Servizos Sociais
 

Para participar no Proxecto de voluntariado social do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo, é suficiente con que sexas maior de idade. O máis importante é que queiras doar parte do teu tempo libre para colaborar con nós e que sexas unha persoa solidaria e comprometida coa sociedade. (No caso de ser menor de idade podes participar en programas e proxectos de voluntariado adaptados ás túas características, mediante unha autorización expresa dos teus pais, titores etc.)

Para ser unha persoa voluntaria tes que:

  1. Contactar con nós para concertar una entrevista.
  2. A través da entrevista explicarémosche que facemos desde o voluntariado social no teu concello e en qué actividades podes participar.
  3. Recibirás unha formación básica inicial na que che explicaremos máis detalladamente que é o proxecto de voluntariado social do Concello de Bergondo, cales son as súas actividades e como debe ser unha persoa voluntaria.
© 2020 Fundación de Caridad | Todos los derechos reservados.
Creado con Webnode
¡Crea tu página web gratis! Esta página web fue creada con Webnode. Crea tu propia web gratis hoy mismo! Comenzar