VOLUNTARIADO
Colabora cos Servizos Sociais
Para participar no Proxecto de voluntariado social do Departamento de Servizos Sociais do Concello de Bergondo, é suficiente con que sexas maior de idade. O máis importante é que queiras doar parte do teu tempo libre para colaborar con nós e que sexas unha persoa solidaria e comprometida coa sociedade. (No caso de ser menor de idade podes participar en programas e proxectos de voluntariado adaptados ás túas características, mediante unha autorización expresa dos teus pais, titores etc.)
Para ser unha persoa voluntaria tes que:
- Contactar con nós para concertar una entrevista.
- A través da entrevista explicarémosche que facemos desde o voluntariado social no teu concello e en qué actividades podes participar.
- Recibirás unha formación básica inicial na que che explicaremos máis detalladamente que é o proxecto de voluntariado social do Concello de Bergondo, cales son as súas actividades e como debe ser unha persoa voluntaria.
